- Editorial:
 - XERAIS
 - Any d'edició:
 - 2003
 - ISBN:
 - 978-84-9782-037-0
 - Pàgines:
 - 136
 - Col·lecció:
 - VARIAS
 
ANXEL FOLE 101 ANECDOTAS
ANGEL DE LA VEGA
Este libro do xornalista lucense Ángel de la Vega recolle cento e unha anécdotas tiradas da súa longa amizade con Ánxel Fole. Anécdotas, en moitos casos, contadas por Fole, outras vividas a súa beira e un bo feixe referidas por amigos e compañeiros do xornal "El Progreso" ou de "Hoja del Lunes de Lugo", onde eles traballaban. Anécdotas que desvelan a personalidade do escritor e unha gracia de seu, deixando un ronsel de agudo enxeño, moi característico deste mestre do humorismo e da fábula de quen conmemoramos o centenario do seu nacemento. Anécdotas de Fole que se refiren a súa infancia, a súa mocidade, ás tirapuxas que sucedían cos seus compañeiros, ás súas viaxes en automóbil cos amigos, ás comidas que lle servían para contar e fabular, ao seu xeito de escribir, ás lembranzas de triunfadores e vencidos... Con todo, máis que a personalidade, máis que a súa vida, máis que a biografía, estas cento e unha anécdotas descubren a verdadeira alma do escritor: O Fole fabulador, o Fole humano. Neste libro está a outra vida foleana.