CARTAS PERSAS
ebook

CARTAS PERSAS

Editorial:
LAIOVENTO
ISBN:
978-84-8487-371-6
Páginas:
266
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si
9,15 €
IVA incluido
Añadir a la cesta

CARTAS PERSAS. MONTESQUIEU A publicación das Cartas persas, en 1721, en Amsterdam, de forma anónima, confírelle ao autor unha celebridade instantánea que lle abre as portas dos principais salóns literarios da capital e, posteriormente, a súa admisión na Académie Française. As Cartas persas son a obra dun moralista, unha novela epistolar en que a mirada exótica de dous persas que viaxan por Francia, Usbek e Rica, lle serve de pretexto ao autor para describir, criticar e opinar sobre a sociedade do seu tempo e nelas atopamos unha divertida sátira dos costumes da época. A súa orixinalidade radica, en gran parte, en que ao longo da obra aparece unha novela, cunha intriga que ten un desenlace sorprendente e que mantén esperta a atención do lector. Neste libro reflíctense os principais trazos do pensamento de Montesquieu: tolerancia relixiosa, crítica dos réximes opresores, aspiración á liberdade e á felicidade e amor pola verdade e a razón.

Otros libros del autor, autora